Neste entroido comezamos a semana de promoción do consumo de froitas, na que toda a comunidade educativa vai a colaborar para promover hábitos saudables.
Nesta semana tentaremos facer comprender os nosos alumnos a importancia do consumo destes alimentos e os seus beneficios para nosa saúde.
Nesta liña non soamente rapartiremos froita senon que aprenderemos a súas cualidades como pezas fundamentais dunha dieta equilibrada, formas diferentes e divertidas de preparación, o camiño que segue dende a árbore ata as nosos pratos,... E todo isto coa colaboración de nutricionistas, agricultores, froiteiros e cociñeiros que impartirán un ciclo de conferencias e charlas tanto para alumnos como para pais e profesores do centro.
Resaltar a importancia da colaboración dos pais, profesores, asi como de persoas e empresas privadas alleas o centro. Pero sobre todo a colaboración e participación dos alumnos do centro sen a cal sería imposible levar a cabo este proxecto.
Así que, ....a comer froita!!
luns, 16 de febreiro de 2015
sábado, 14 de febreiro de 2015
Benvida
Iniciamos unha nova andaina con este novo espazo adicado os materiais didácticos, experiencias, actividades e proxectos relacionados co área de Educación Física.
Esperamos cos contidos sexan de utilidade e de voso agrado. Tamén creemos que para melllorar é fundamental saber a vosa opinión, así que, sodes libres de expresar a vosa opinión.
E dicir tamén que este é un espazo colaborativo para todos aqueles que queiran aportar a este proxecto. Se queres participar nel non dúbides en poñerte en contacto con nós picando neste enlace ou nos enlaces da barra lateral de Google+ ou Facebook....

Grupo CIRSCOLA - 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)